Autor Mensagem

<  Fórum livre  ~  Blogue anti-reintegracionista

MensagemEnviado: Sábado Jul 19, 2008 10:14 pm
Avatar do UtilizadorMensagens: 18Registado: Quarta Jan 16, 2008 7:55 pm
http://alema.org/

Este é um blogue ou site especialmente dedicado à ''luta'' contra o reintegracionismo. Simplesmente botai uma olhada e botai uns risos. Muitas das coisas que aí aparecem semelham piadas mas não são.

O dono da web está a pular pola aceitação da palavra castelhana "bueno" como interjeição nas normas do ILX e da RAX. Os tipos tomaram em consideração aceita-la.


Offline Perfil
MensagemEnviado: Sábado Jul 19, 2008 11:50 pm
Mensagens: 3533Localizaçom: CompostelaRegistado: Sexta Mar 30, 2007 8:53 am
É livre de fazer o que lhe sair daquele lugar... Cada quem emprega o tempo no que estima mais adequado... :roll:


Offline Perfil Visitar o sítio web do Utilizador
MensagemEnviado: Domingo Jul 20, 2008 7:57 pm
Mensagens: 1Registado: Domingo Jul 20, 2008 7:35 pm
Ante todo, teño que dicir que me encantou a resposta de isabelrei: "cada quem emprega o tempo no que estima mais adequado" (é un síntoma de tolerancia que lle honra).

Bueno, déixome caer por aquí para comentar algunhas cousiñas ante algunhas ideas (falsas, ao meu entender) que circulan por aí.

O meu blog, alema.org, non é un site dedicado a ningunha loita contra ninguén, e moito menos pode cualificarse de blog anti-reintegrata. Xa nas páxinas de benvida explico cales son os obxectivos do blog, que son expoñer unha visión persoal sobre a lingua e abrir un espazo de debate (aberto a todos, sen exclusión) sobre cal debe ser o modelo do galego na actualidade.

En ningún momento descualifico, trato con desprezo ou insulto a quen non opina coma min. Ao contrario, as opinións diferentes á miña son as que recibo mellor, se cadra.

E iso penso que debería facer o mundo reintegrata tamén. Polo que eu sei, o reintegracionismo é un movemento lingüístico que se dedicou a criticar (algunhas veces con máis acerto ca outras) a postura 'oficialista' do idioma.

E que é o que fixo ese 'oficialismo' durante todo este tempo? Ignorar, "pasar" do reintegracionismo. Hai un refrán que di iso de "non hai maior desprezo que non dar aprezo" (posiblemente non sexa talmente así en galego correcto), e iso é precisamente o que eu non fago: "pasar" do reintegracionismo.

O reintegracionismo estivo durante moito tempo expoñendo as súas ideas, as súas críticas e en moitas ocasións sen resposta dos non reintegracionistas, e crin que chegou momento de reaccionar.

Reaccionar no bo sentido... con argumentos, con sentido do humor, con agarimo nunha discusión ben entendida. O reintegracionismo, para crecer como movemento, tamén necesita un "contra-poder", por dicilo así. Alguén que non diga todo o tempo "si, si, amén".

...E así xurdiu alema, un personaxe que adora o galego, que adora o portugués (lingua que coñece moi ben) pero que pensa (e non é ningún pecado) que a súa evolución histórica fixo deles dous idiomas independentes.

O alema non vos é un inimigo; ao contrario, é alguén que discrepa, que critica un movemento que considera utópico, romántico e ata certo punto "morboso", tal e como manifestei varias veces no propio blog.

Moitos reintegratas así o entenden e por iso reaccionan ben ante os meus posts irreverentes; discrepan e son benvidos (faltaría máis): estou convencido de que son os reintegratas os que máis len as miñas cousas.

Infelizmente, outros toman as miñas lerias coma un insulto, coma un ataque... e é algo que lamento moito. Existe algo moi importante para a normalización dun idioma (inclusive do galego reintegrata) que é a tolerancia e o sentido do humor.

Oxalá esteamos todos á altura. ;-)
Unha aperta


Offline Perfil Visitar o sítio web do Utilizador
MensagemEnviado: Domingo Jul 20, 2008 9:46 pm
Avatar do UtilizadorMensagens: 1015Localizaçom: Perdido no meio do AtlânticoRegistado: Terça Jul 08, 2008 8:14 pm
Proponho para alguém abrir um site para o "Castrapi", a hiena diglóssica e tolerante que gosta dar grandes risadas :lol: :lol: ao ver o osiño gominola alema. Para "Castrapi" o galego do alema é uma falácia muito divertida ... ela sabe bem que o futuro "de Jalicia" é o castrapo, e a primeira proposta será de pedir pola aceitaçom como forma lexítima do castrapo de Jalicia o "y lueeeeeeego?", e a creaçom da Real Academia da lingua Castrapa
:wink:


Offline Perfil
MensagemEnviado: Segunda Jul 21, 2008 4:56 am
Mensagens: 6Localizaçom: AustráliaRegistado: Terça Fev 19, 2008 12:14 am
Penso de que a trilha que tentades para sairem do anonimáto é que essas bandas desenhadas sejam aceitadas pela TVG nom furula. Já fora muito explotada, Somos unha Potenzia, Andressolo e umha panda de fracasados. Se esperas um pouquichinho poderás tentar merca-las nas Asturies pois eu som descendente dos vaqueiros d' Alzada de Tineo e estou pronto a amolar a Ana Cano com os escritos que topei encol dos vaqueiros, a meirande parte deles em Asturianu Reintegrata, com cedilhas , acentos graves e tônicos e até datados no Calendário de São Martinho de Dúmio. Minha geraçom já nom leva as vacas às branhas porém herdamos o mesmo instinto nisso de saber onde cresce a herba verde e pura em cuestions filológicas



_________________
Mexan por nós e temos de dicir que chove
Offline Perfil YIM
MensagemEnviado: Segunda Jul 21, 2008 12:41 pm
Avatar do UtilizadorMensagens: 1207Localizaçom: Acrunha / CoruñaRegistado: Sábado Jan 26, 2008 3:24 pm
O Xosenri[que?] parece reclamar compreensão e "tolerância" para tudo o que não seja "reintegrata" por parte dos "reintegratas".
Compreensão demais tivemos e temos os "reintegratas" com gentes tão compreensivas como o Xosenri:

«En ningún momento descualifico, trato con desprezo ou insulto a quen non opina coma min. Ao contrario, as opinións diferentes á miña son as que recibo mellor, se cadra.
»E iso penso que debería facer o mundo reintegrata tamén. Polo que eu sei, o reintegracionismo é un movemento lingüístico que se dedicou a criticar (algunhas veces con máis acerto ca outras) a postura 'oficialista' do idioma.»

Dada essa citação do Xosenri, vale inferir que ignora quase por completo o que seja "o mundo reintegrata"? Porque diz: «En ningún momento descualifico, trato con desprezo ou insulto a quen non opina coma min.» Será que o diz porque simplesmente ignora que seja REINTEGRACIONISMO? Ser-lhe-á de aplicação aquilo que Machado dizia de Castela?:
«Castilla miserable, ayer dominadora,
»envuelta en sus andrajos desprecia cuanto ignora.»

Ele o nega. Ainda mais: Confessa conhecer bem o português. Será certo.

Mas é que para fazer humor cumpre demonstrar ignorância, ser um pouco pailão, escrever entre deficiências de toda a ordem?

Segundo parece (diz ele), o Xosenri procede das Astúries gloriosas... , os seus ancestros são asturianos. Bom, outro bom pormenor para discutir... O do asturiano (ele dirá "bable"), o do galego nas Astúrias (ele dira...?), o do castelhano (español?)... Bom tema para discutir!
Discutamos!



_________________
AGIL-ULFO
Offline Perfil

Mostrar mensagens anteriores:  Ordenar por:

Os Horários som TMG
Página 1 de 1
6 mensagens
Utilizadores a ver este Fórum: AGIL, ansv, Baidu [Spider] e 2 visitantes
Pesquisar por:
Criar Novo Tópico  Responder a este Tópico
Ir para:  
Criar Tópicos: Proibído
Responder Tópicos: Proibído
Editar Mensagens: Proibído
Apagar Mensagens: Proibído
Enviar anexos: Proibído